CCOO Sanidad informa en su web del resultado de la reunión mantenida el pasado día 14 de diciembre con la comisión Técnica del SERGAS.
Los puntos principales de los que informan son los siguientes que podéis consultar en su web
INFORMACIÓN SOBRE A SITUACIÓN DOS PROCESOS ACTUALMENTE EN TRAMITACIÓN:
Procesos de OPE das categorías que xa tiveron os exames (xaneiro-febreiro): A previsión é que se resolvan no 1º cuatrimestre do ano 2021.
Previsión de exames dos procesos xa convocados:
1- Primeiro trimestre do 2021: PSX quenda de discapacidade intelectual.
2- Segundo semestre do 2021: FEA, Médico/a de Admisión e Documentación Clínica, Médico/a Asistencial do 061, Médico/a de Urxencias Hospitalarias, Técnicos/as Superiores Sanitarios/as, Técnico/a en Farmacia.
3 – Ano 2022: Pinche, Cociñeiro/a.
4.- CRONOGRAMA E PREVISIÓN DE PRÓXIMAS CONVOCATORIAS:
No primeiro trimestre de 2021 negociaranse na comisión téncica as convocatorias das seguintes categorías: Calefactor/a, Condutor/a, Costureiro/a, Electricista, Fontaneiro/a, Lavandeiro/a, Mecánico/a e Pasador/a de ferro, ademáis das categorías informáticas de Técnico Superior, de Xestión i Especialista de Sistemas e Tecnoloxías da Información, e Traballador/a Social.
CCOO solicitou que se inclúan na vindeira oferta de emprego do ano 2021 prazas de Albanel e Carpinteiro/a, xa comprometidas pola administración e non ofertadas dende o 2008.
CCOO tamén solicitou a oferta do 10% extra da taxa de reposición que aprobou o goberno central, de xeito que para o ano 2021 a oferta sexa do 110% da citada taxa.
CONVOCATORIA 2019: AMPLIACIÓN DE PRAZAS:
Aprobáronse as resolucións de ampliación de prazas das convocatorias de OPE das categorías de: FEA, Médico/a de Admisión e documentación Clínica, Médico/a Asistencial do 061, Médico/a de Urxencias Hospitalarias, Terapeuta Ocupacional, Técnico/a en Farmacia e Pinche. Prevese a publicación destas resolucións no mes de xaneiro.
CONVOCATORIAS DE OPE DE TELEFONISTA, PINCHE QUENDA DE DISCAPACIDADE INTELECTUAL E TÉCNICO/A EN FARMACIA POLA QUENDA DE DISCAPACIDADE INTELECTUAL.
No que respecta á categoría de Telefonista, no apartado de formación, non haberá limitación para os cursos de informática, e os cursos de prevención de riscos e xestión clínica terán unha puntuación máxima de 6 puntos (4 puntos na actualidade).