Ayuntamiento de Nigrán.
Se publican en el BOPPO de hoy, día 20 de febrero, las bases para la Creación bolsa de empleo de Auxiliares Administrativos (C2) con carácter de funcionarios interinos.
Enlace a la información de nuestros grupos presenciales
Objeto de la convocatoria:
A presente convocatoria ten por obxecto formación dunha bolsa de emprego coa categoría de Auxiliar, grupo C subgrupo C2, de administración xeral con carácter de funcionario/a Interino/a para o Concello de Nigrán.
Tasas de examen:
Serán aboados en calquera das seguintes contas de titularidade do Concello de Nigrán:
— Abanca: ES79 2080 5052 1330 4000 7973.
— CaixaBank: ES84 2100 4790 4002 0003 9907.
O resgardo do pagamento achegarase coa instancia ou solicitude presentada para tomar parte no proceso selectivo.
Poderá instruirse procedemento de devolución do 50% do importe ingresado, a solicitude do interesado, cando éste figure na relación de excluídos do procedemento de selección.
Presentación solicitudes:
O prazo para a presentación de solicitudes será de 10 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.
A presentación das solicitudes poderá facerse en calquera das formas establecidas no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Co fin de axilizar o proceso, os/as aspirantes que non presenten as solicitudes directamente no rexistro xeral do Concello ou mediante a sede electrónica (sede.nigran.org) deberán comunicar esta circunstancia ao Concello mediante telegrama, fax (986 38 39 31) ou correo electrónico (persoal@nigran.org) no mesmo día da súa presentación, achegando copia da documentación presentada co selo ou xustificante do rexistro correspondente.