Auxiliar Administrativo Xunta de Galicia. Criterios de corrección del primer ejercicio.

Oposiciones Xunta

 

Se publica en la Web de Función Pública los criterios de corrección del primer ejercicio de Auxiliar Administrativo Xunta de Galicia.

CRITERIOS C2 CORRECCIÓN

Os resumimos los puntos más importantes:

CRITERIOS DE CORRECCIÓN, VALORACIÓN E SUPERACIÓN DO PRIMEIRO EXERCICIO DO PROCESO SELECTIVO CUESTIÓNS XERAIS ESTABLECIDAS NAS BASES DA CONVOCATORIA:

De conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria, o exercicio primeiro consistirá en contestar por escrito un cuestionario de contido teórico de oitenta (80) preguntas tipo test, relacionado co anexo I do
programa.
O exercicio disporá de seis (6) preguntas de reserva.
Estas preguntas adicionais de reserva serán valoradas só no caso de que se anule algunha das preguntas do exercicio .
As preguntas terán catro (4) respostas alternativas propostas polo tribunal, das cales só unha será a correcta.
O tempo máximo de duración deste exercicio será de noventa (90) minutos.
O exercicio cualificarase de 0 a 30 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de quince (15) puntos.
Corresponderá ao tribunal determinar o número de respostas correctas exixido para acadar esta puntuación mínima, para o cal se terá en conta que cada resposta incorrecta descontará un cuarto dunha pregunta correcta.

DETERMINACIÓN DE SUPERACIÓN DA PROBA
En cumprimento da potestade de determinación do criterio de superación do exercicio indicado, o tribunal acordou que superarán o primeiro exercicio as persoas aspirantes presentadas que obtiveran un mínimo de trinta e seis (36) respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.
Advírtese que, as preguntas non contestadas non penalizarán nin recibirán ningunha puntuación.
Ás persoas aspirantes que obteñan unha nota equivalente á nota de corte fixada asignaráselles a valoración de quince (15) puntos no exercicio.
O resto das persoas declaradas aptas terá unha cualificación distribuída
entre os quince (15) e os trinta (30) puntos, proporcional ao número de respostas correctas.
Do mesmo xeito, asignarase a puntuación proporcional que corresponda ás persoas aspirantes declaradas non aptas.

 

¡SUERTE A TOD@S!