Publicada nota informativa en la Web de Función Pública de la Xunta de Galicia con los CRITERIOS DE CORRECCIÓN DEL PRIMER EJERCICIO DE ADMINISTRATIVO C1 (turno libre).
CUESTIÓNS XERAIS ESTABLECIDAS NAS BASES DA CONVOCATORIA
O exercicio consistirá en contestar por escrito un cuestionario de contido teórico de cento vinte (120) preguntas tipo test, propostas polo tribunal relacionado co anexo I do programa.
O exercicio disporá de seis (6) preguntas de reserva.
As preguntas terán catro (4) respostas alternativas propostas polo tribunal, das cales só unha delas será a correcta.
As preguntas adicionais de reserva serán valoradas só no caso de que se anule algunha das preguntas do exercicio.
O tempo máximo de duración deste exercicio será de cento sesenta (160) minutos.
O exercicio cualificarase de 0 a 30 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de quince (15) puntos. Corresponderalle ao tribunal determinar o número de respostas correctas exixido para acadar esta puntuación mínima, para o cal terá en conta que cada resposta
incorrecta descontará un cuarto dunha pregunta correcta.
DETERMINACIÓN DE SUPERACIÓN DA PROBA
En virtude desta facultade de determinación do criterio de superación do exercicio, o Tribunal acordou que superarán o primeiro exercicio as persoas aspirantes presentadas que obteñan un mínimo de cincuenta e catro (54) respostas correctas unha vez feitos os descontos correspondentes. As preguntas non contestadas non penalizarán nin recibirán puntuación.
Asignarase a valoración de 15 puntos ás persoas aspirantes que obteñan unha nota equivalente á nota de corte fixada. O resto das persoas declaradas aptas terá unha cualificación distribuída entre os 15 e os 30 puntos, proporcional ao número de respostas correctas. Do mesmo xeito,
asignarase a puntuación proporcional que corresponda as persoas aspirantes declaradas non aptas.