Xunta de Galicia. Criterios de corrección y valoración para el segundo ejercicio de Auxiliar Administrativo C2 acceso libre que se celebrará el próximo día 28 de septiembre.

Xunta de Galicia.
Se han publicado en la Web de Función Pública de la Xunta de Galicia los Criterios de corrección y valoración para el segundo ejercicio de Auxiliar Administrativo C2 acceso libre que se celebrará el próximo día 28 de septiembre.

Resumimos los puntos más importantes:

Cuestións xerais establecidas nas bases da convocatoria:

O exercicio consistirá en contestar por escrito un cuestionario de corenta (40) preguntas tipo test, en que as persoas aspirantes poñan de manifesto o coñecemento e manexo dos paquetes ofimáticos no contorno de LibreOffice 5.4.4 (folla de cálculo, procesador de textos).

O exercicio disporá de cinco (5) preguntas de reserva.
Estas preguntas adicionais de reserva serán valoradas só no caso de que se anule algunha das preguntas do exercicio .

As preguntas terán catro (4) respostas alternativas propostas polo tribunal, das cales só unha será a correcta.

O tempo máximo de duración deste exercicio será de sesenta (60) minutos.
O exercicio cualificarase de 0 a 30 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de quince (15) puntos.

Corresponderá ao tribunal determinar o número de respostas correctas exixido para acadar esta puntuación mínima, para o cal se terá en conta que cada resposta incorrecta descontará un cuarto dunha pregunta correcta.

 

Superarán o segundo exercicio as persoas aspirantes presentadas que acaden as mellores puntuacións ata completar o número máximo de novecentos (900), sempre que obtiveran un mínimo de vinte (20) respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes por respostas incorrectas.
Todas as persoas aspirantes que obteñan idéntica puntuación á que marque o corte considéranse igualmente aprobadas aínda que se superase o número de aspirantes antes indicado (900 aspirantes).

Advírtese que as preguntas non contestadas non penalizarán nin recibirán ningunha puntuación.
Ás persoas aspirantes que obteñan unha nota equivalente á nota de corte fixada asignaráselles a valoración de quince (15) puntos no exercicio.
O resto das persoas declaradas aptas terá unha cualificación distribuída entre os quince (15) e os trinta (30) puntos, proporcional ao número de
respostas correctas.
Do mesmo xeito, asignarase a puntuación proporcional que corresponda ás
persoas aspirantes declaradas non aptas.

Enlace a Web Función Pública con el contenido íntegro de la Nota Informativa.

 

¡¡¡SUERTE!!!