Xunta de Galicia. Cuerpo General Administrativo C1 turno libre (120 plazas convocadas). Publicados criterios de valoración, corrección y superación de primer ejercicio.

Se publican en la Web de Función Pública los criterios de valoración, corrección y superación de primer ejercicio de Administrativo C1 convocado por Resolución de 22 de Junio de 2022 por turno libre .

Accede a los mismos desde este enlace.

ESTRUTURA DO PRIMEIRO EXERCICIO
O primeiro exercicio consistirá en contestar por escrito un cuestionario de contido teórico de cento vinte (120) preguntas tipo test, relacionado co anexo do programa.

O exercicio disporá de seis (6) preguntas de reserva.
As preguntas terán catro (4) respostas alternativas propostas polo tribunal, das que só unha delas será a correcta.
Cada resposta incorrecta descontará un cuarto dunha pregunta correcta.
As preguntas adicionais de reserva serán valoradas só no caso de que se anule algunha das preguntas do exercicio.
O tempo máximo de duración deste exercicio será de cento sesenta (160) minutos.

DETERMINACIÓN DE SUPERACIÓN DA PROBA E NÚMERO DE APROBADOS As regras de puntuación serán as seguintes:
a) Cada resposta correcta equivale a unha unidade de puntuación.
b) Cada resposta incorrecta descontará un cuarto dunha pregunta correcta. c) As preguntas non contestadas non penalizan nin reciben puntuación.

Superarán o exercicio as persoas aspirantes que teñan as mellores puntuacións ata completar o número máximo de catrocentas oito (408) persoas aspirantes, sempre que acaden o mínimo do 50 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.
Unicamente de darse o caso de non completar o número de 408 persoas aprobadas, rebaixarase ao mínimo do 40 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes, sempre que non superen o número máximo de catrocentas oito (408) persoas aspirantes.
Todas as persoas aspirantes con idéntica puntuación a aquela persoa aprobada que marque a nota de corte considéranse igualmente aprobadas, aínda que se superase o número de persoas aspirantes antes indicado (408). O exercicio cualificarase de 0 a 50 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de vinte e cinco (25) puntos.
Asignarase a valoración de 25 puntos no exercicio ás persoasaspirantes que obteñan unha nota equivalente á nota de corte fixada segundo os criterios anteriores.
O resto das persoas declaradas aptas terá unha cualificación distribuída entre os 25 e os 50 puntos, proporcional ao número de respostas correctas. Do mesmo xeito, asignarase a puntuación proporcional que corresponda ás persoas aspirantes declaradas non aptas.

¡¡SUERTE!!